No DOG do 17/01/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024 pola que se convocan cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galiza para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convocan os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galiza, que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata o día 29 de xaneiro inclusive.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.