No DOG do 01/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2024 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza.

É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galiza, agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consallería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; ao persoal dos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galiza) ou do Opax (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza).

O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.