Na Comisión de Persoal do venres 2 de febreiro quedaron aprobadas as bases dos concursos de traslados das escalas de gardacostas e de consumo, co voto a favor de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto en contra de CSIF. O motivo fundamental do voto favorable da CIG é que se convocaron todos os postos vacantes existentes na RPT

No caso de gardacostas, tiñamos información de dous postos de subinspector/a, nivel 16 en servizos centrais, que supostamente estaban vacantes e non ofertaban, pero resulta que as persoas titulares teñen dereito a reserva dos postos durante dous anos, polo que non son vacantes por agora e non se poden ofertar.

No caso de consumo, o IGCC pretendía amortizar 6 postos vacantes, polo que os retiraban do concurso. Finalmente deixaron sin efecto a pretensión do IGCC e todos os postos vacantes van ser ofertados.

Respecto dos postos de segunda actividade de gardacostas, Función Pública e a Consellería do Mar dan garantías de que non existirá perda de retribucións (Decreto 136/2017, artigo 38).