Función Pública ven de comunicarnos hoxe 27/02/2024 que o vindeiro día 11 de marzo se publicará do Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias.

Hai que dicir que aínda que a negociación das bases xa estaba pechada porque Función Pública apenas quixo modificar nada, as alegacións ao buzón de postos estiveron abertas ata o venres e non deron resposta a todas as consultas que sobre os postos lles fixemos chegar, polo que non sabemos se finalmente van atendelas e telas en conta ou simplemente si as van obviar. Pero vimos de demandar que se nos expliquen os motivos.