A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais:

  1. Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental.
  2. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes que tiveran a titulación de acceso convocaríase un proceso para acceder ao grupo B.
  3. Creación de prazas UIFO para cumprir o ditame da comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais, e do plan forestal de Galiza.
  4. Creación de prazas UDEX. É necesario crear esta unidade de xeito inmediato ante o contexto global de grandes incendios forestais, cada vez máis devastadores e virulentos. 
  5. Concurso de traslados. Ao estar en marcha un concurso de traslados da escala de axentes ambientais, se a creación dos postos citados se produce sen posibilidade de optar a eles no actual concurso, deberase convocar outro concurso, sen límite de permanencia como requisito, para que todo o persoal poida optar a ditas prazas, tanto ás de nova creación na primeira fase, como ás de resultas na segunda.