No DOG do 19/09/2024 publican dúas resolucións coa baremación provisional do concurso de méritos de varias escalas do subgrupo C2 e categorías do grupo IV:

Baremación provisional do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2 que se relacionan:

  • Escala de persoal de servizos xerais (PSX)
  • Escala de auxiliares de clínica
  • Escala de xerocultor/a
  • Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais. Especialidade bombeiro/a forestal
  • Escala auxiliar de cociña
  • Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade arquivos e bibliotecas

Baremación provisional do concurso de méritos da categoría profesional de persoal laboral da Xunta de Galiza do grupo IV que se relacionan:

  • Cat. 33. Condutor/a de autobomba defensa contra incendios forestais

 

As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. (Ata o 03/10/2024)

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».