O servizo de Gardacostas de Galiza en Vigo vese na obriga de paralizar a embarcación Punta da Guía que combate o furtivismo dende a fronteira con Portugal ata a Ría de Aldán ante a falta de efectivos.

O cese do único mecánico habilitado para embarcar por cumprir 3 anos como interino, obriga a paralización dunha embarcación financiada con fondos europeos ante a parálise da Consellería do Mar e facendo oídos xordos as soluciona que a CIG vén poñendo enriba da mesa de forma recorrente:

  • O desbloqueo inmediato da OPE de 2022 que contempla 13 prazas de mecánicos e 10 prazas de patrón.
  • Darlle unha solución a situación dos aptos con restricións, habilitando postos para quen estea nesa situación e a súa substitución mentres dure a restrición.
  • A dotación urxente de persoal no servizo de Gardacostas que permita cubrir as tripulacións das lanchas mediante patróns e vixiantes-mariñeiros das listas de contratación como paso previo a convocatoria de oposicións.

A CIG manifesta igualmente a oposición ó traslado da embarcación Punta da Guía a outra base operativa e insta a Consellería do Mar a frear ó deterioro lento pero progresivo do Servizo de Gardacostas, un servizo público chave para o sector pesqueiro galego.