No DOG do 31/10/2024 publican varias baremacións definitivas do concurso de estabilización da Lei 20/2021:

-  Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2:

  • Escala de arquitectos técnicos
  • Escala técnica de facultativos: especialidade de fisioterapia

 

-  Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B:

  • Corpo administrativo
  • Corpo administrativo da Administración xeral
  • Corpo de axudantes de carácter facultativo
  • Escala técnica de cociña

 

-  Baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza:

  • Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos

 

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta