No DOG do 22/11/2024 publican varias baremacións provisionais da fase de concurso de concursos-oposicións de estabilización da Lei 20/2021:

- Subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais.

- Escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- Escala de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

-  Agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP.

- Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

-  Categoría 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, intérprete de lingua de signos.

-  Categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co establecido na base IV.5 da convocatoria, e de acordo co Informe de 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para formularen reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal.