No DOG de hoxe, 13 de febreiro publícase a RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Destinatarios:

  • Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma,
  • Das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza;
  • Da Administración institucional de Galiza;
  • Da Administración de xustiza de Galiza;
  • Das entidades locais de Galiza;
  • De administración e servizos (PAS) das universidades do SUG,
  • Persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos

 

Exceptuados:

  • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades;
  • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galiza, policía local e bombeiros;
  • Persoal do Servizo Galego de Saúde

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula , dende as 9.00 horas do 14 de febreiro ata as 14.00 horas do 20 de febreiro de 2025 .

As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

  • O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 3
  • Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación
  • Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na convocatoria anterior .
  • Non está permitido realizar actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades
  • Para a actividade de linguaxe de signos será necesario dispor dun dispositivo de gravación.
  • Durante o prazo de presentación de solicitudes todo o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación terá dispoñible unha proba de nivel orientativa.

 

Recibir información e contactar coa CIG:

CIG-Autonómica: http://i.gal/contactarcig
http://t.me/cigautonomica @CIGAutonomica
http://autonomica.cigadmon.gal CIG Autonomica