A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convocounos a unha xuntanza para o venres, día 12 de marzo, para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Se é do teu interese, aquí tes a proposta: descargar.

A proposta quere adaptar a RPT á estrutura orgánica da consellería, recodifican postos sen máis cambios, e financian a estrutura mediante a amortización dun posto de limpeza na Coruña.

Pero ten máis contido:

  • No gabinete do conselleiro crean dous postos de secretario/a, libre designación, abertos a outras administracións. Así o conselleiro terá tres secretarios/as, todos de LD e aberto a outras administracións para así poñer a quen lle pete.
  • Na Secretaría Xeral Técnica crean o posto de secretario/a do/da SXT, LD e aberto a outras administracións.  Tamén crean un posto de arquitecto/a.
  • Nos catro departamentos territoriais crean un posto de xefatura de sección de coordinación.
  • Hai cambios de denominación, supresión de observacións, cambios de escalas, e máis aperturas a outras administracións. 
  • A un técnico superior de arquivos queren meterlle requisito de permiso de conducir para "retirada e deposito de documentación" (é dicir, que xustifican en que fai funcións de subalterno).