A Dirección Xeral de Emprego Público e Admnistración de Persoal enviou aos sindicatos a relación de prazas que se ofertarán nun próximo concurso de traslados das seguintes escalas e especialidades:

  • Escala de facultativos (especialidades de MEDICINA, PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA).
  • Escala de técnicos facultativos (especialidades de ENFERMARÍA, EDUCADORAS, FISIOTERAPIA, TRABALLO SOCIAL, TERAPIA OCUPACIONAL, LOGOPEDIA, EDUCACIÓN SOCIAL, MESTRA ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL).
  • Escala de axentes técnicos facultativos (especialidades de EDUCACIÓN INFANTIL).
  • Escála técnica de GOBERNANTES/AS.
  • Escala de AUXILIARES DE CLÍNICA.


O prazo de alegacións é ata o xoves 8 de maio. Descargar.

Se é do teu interese, podes contactar coa CIG. Para que poidamos alegar, necesitamos o código de posto e unha explicación das razóns polas que este debe ser engadido ou retirado do concurso.