Ante a negativa unánime por parte das catro organizacións sindicais asinantes do acordo, remitirán en breve unha nova proposta na que quedaron en incluír as melloras organizativas.
O pasado día 05 de maio de 2025 fomos convocados pola Consellería e Sanidade para unha xuntanza na que abordamos a proposta de modificación do acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galiza.
As propostas de modificación realizadas pola Consellería de Sanidade pasan por:
- Cambio de momenclatura do posto que agora se denomina “persoal inspector veterinario de saúde pública de zona” por “inspector/a veterinario de saúde pública”
- Paso dunha distribución por comarcas a unha distribución por zonas argumentando que é mellor a nivel funcional e para o interese público. Din que isto responde á necesidade de adaptación do acordo despois de case dezaoito anos porque, aínda que recoñecen que funciona ben, ten pequenas eivas que tentan solventar con este acordo. Segundo indica a Consellería non vai supoñer unha distorsión do traballo actual debido a que:
- A mellora das comunicacións por estrada e dos medios ao dispor do persoal permite unha maior e mellor mobilidade.
- Manteranse os centros de traballo existentes e os tempos de desprazamento contarán como tempo de traballo.
- Non haberá cambios no horario actual, maís aló das da redución dunha hora para as gardas de presenza localizada.
- Creación do posto “coordinador/a de matadoiro” para aqueles matadoiros grandes; ex. Frigolouro de O Porriño.
- Creación do posto provincial “director/a técnico”
Ante a negativa das catro organizacións sindicais asinantes do acordo de subscribir estas modificacións o vicesecretario compromete ás seguintes actuacións:
1. Posibilidade dunha proposta na que se teña en conta a distinta especificidade dos postos do persoal veterinario que traballa nos matadoiros e o que traballa en Sanidade Pública
2. Establecemento de criterios para a cobertura das ausencias nos matadoiros, dentro da zona cando non poida tramitarse unha substitución (exemplo: asuntos persoais, conciliacións...), verbalizando criterios tales como voluntariedade, proximidade, e deixando por escrito que primeiro se procedería á súa cobertura a través das listas.
3. Compensación para o persoal veterinario dos matadoiros que traballe en datas de especial significado, 24 e/ou 31 decembro así como domingos e festivos
4. Convocatoria inmediata da mesa negociadora da RPT para plasmar as zonas e respectando, sempre, o lugar de traballo actual.
5. Convocatoria inmediata do concurso de traslados unha vez rematada a RPT