No DOG do23/05/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

Elevan a definitiva a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza.

Publican a relación definitiva de persoas excluídas como anexo desta resolución.

- RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na epígrafe de concurso de traslados https:// www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta