No DOG do 13/06/2025 publican a RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe <Concurso de traslados>.
A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión.