Onte, día 24 de xuño foi a Mesa Sectorial de Funcionarios dous concursos no que se trataou o Concurso de Persoal Veterinario e o Concurso de persoal de laboratorios, mantemento, condución, cociña, capataz, mecánico naval, patrón, guía patrimonio natural, mariñeiro-vixiante, limpeza, subalterno. Tamén se nos aportou información importante sobre o concurso de "escalas sociis"
• Concurso de persoal veterinario:
- No apartado de méritos específicos eliminan a puntuación por titulación académica propia do posto e nivel de coñecemento de lingua estranxeira específico. Queda só o permiso de circulación. Nas alegacións sempre pedimos a eliminación de todos os méritos específicos e que a empresa se encargue de formar ao persoal.
- O grao persoal consolidado que exceda o nivel 20 pasa a 0,15 (isto é exactamente equivalente a outros procesos que parten de niveis inferiores)
- Ofértanse 355 postos.
- 21 postos amortizados: 5 da Consellaría de medio Rural e 13 da Consellaría de Sanidade por peche de matadoiros, 2 teñen vixencia temporal, 1 en reserva por incapacidade temporal e 2 ocupados por adscrición por causas de saúde.
- Os postos que están ocupados por adscrición por causas de saúde sairán en resultas
Dende a CIG formulamos as seguintes alegacións ao concurso:
- Antigüidade: máis puntuación máxima, sen reducir a puntuación mensual, para incrementar os anos a valorar (actualmente 31 anos)
- Méritos específicos: que os retiren
- Traballo desenvolvido: en comparación co peso dun mes de antigüidade (0,02 ptos/mes), que un mes de traballo desenvolvido no nivel mínimo sexa equivalente ao 25% da antigüidade (0,005 puntos), e o máximo chegue ao 50% (0,01 ptos).
- Grao persoal: que sexa consolidado, sen necesidade de formalizado
- Formación: engadir escolas oficiais de idiomas
- Titulación académica: compartir máximo coa formación
- Permanencia e conciliación: hai un erro, pois poñen a puntuación máxima deste epígrafe só para a conciliación, pero non hai máximo para a permanencia.
Dende a DXEP contestan:
- Actualizarán os postos que queden vacantes non susceptibles de ser prorrogables.
- Escolas Oficiais de Idiomas ,teñen problemas coa aplicación informática, tratarán arranxalos.
- Non hai postos abertos a outras Admóns.
- Os postos retirados por amortización, están en fase de creación na modificación das RPTs.
- Os erros atopados no apartado de conciliación subsanaranse
• Concurso de persoal de laboratorios, mantemento, condución, cociña, capataz, mecánico naval, patrón, guía patrimonio natural, mariñeiro-vixiante, limpeza, subalterno.
- No apartado de outros méritos eliminan a puntuación por titulación académica propia do posto e nivel de coñecemento de lingua estranxeira específico.
- Engaden permiso de conducir valorable no posto.
- O grao persoal consolidado que exceda o nivel 12 pasa a 0,15 (esto en algunhas era menor).
- De 2675 postos iniciais quedan 2629: 35 amortizacións por modificación das RPTs e por adscricións por causas de saúde. Na Agrupación Profesional foron ofertadas na OPE para as persoas con discapacidade Intelectual
Alegacións feitas pola CIG:
- A información que temos é que nas seguintes especialidades non existe persoal funcionario de carreira, polo que non procede convocar concurso de traslados e xa se lles podería dar destino definitivo directamente:
• Escala técnica de RRNN e forestais, especialidades de patrón de embarcación, mecánico naval e guía de patrimonio natural
• Escala auxiliar de RRNN e forestais, especialidade de mariñeiro-vixilante
• Todo este persoal ven transferido do estado (parque illas atlánticas), sen existir persoal propio anterior. - Antigüidade: máis puntuación máxima, sen reducir a puntuación mensual, para incrementar os anos a valorar (actualmente 31 anos)
- Méritos específicos: que os retiren
- Traballo desenvolvido: en comparación co peso dun mes de antigüidade (0,02 ptos/mes), que un mes de traballo desenvolvido no nivel mínimo sexa equivalente ao 25% da antigüidade (0,005 puntos), e o máximo chegue ao 50% (0,01 ptos).
- Grao persoal: que sexa consolidado, sen necesidade de formalizado
- Formación: engadir escolas oficiais de idiomas
- Titulación académica: compartir máximo coa formación
- Permanencia e conciliación: hai un erro, pois poñen a puntuación máxima deste epígrafe só para a conciliación, pero non hai máximo para a permanencia.
ROLDA ABERTA DE INTERVENCIÓNS
A DXEP en referencia ao concurso das “Escalas sociais” refire que están analizando o número de persoas do Consorcio que están afectadas polo concurso. Informa que hai só 2 escalas afectadas e están analizando os postos que habería que retirar desas escalas. Tomarán decisión en función das escalas e persoas. Di que “comunicarán pronto”
Refire que o Concurso poderá seguir adiante adiando o concurso de estas escalas afectadas.