No DOG do 30/06/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola.

O número de prazas convocadas na escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, será de tres (3). Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque.

O número de prazas convocadas na escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, será de unha (1).

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

O número de prazas convocadas na escala técnica de cociña será de quince (15), das cales unha (1) está reservada a persoas -que acrediten discapacidade. Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.

O número de prazas convocadas na escala auxiliar de cociña será de corenta e cinco (45), das cales tres (3) están reservadas a persoas que acrediten discapacidade. Resérvanse doce (12) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.

O número de prazas convocadas na escala auxiliar de coidadores será de cincuenta (50), das cales catro (4) están reservadas a persoas que acrediten discapacidade. Resérvanse trece (13) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

- RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno.

O número de prazas convocadas na escala de persoal subalterno será de trinta e cinco (35), das cales cinco (5) están reservadas persoas que acrediten discapacidade.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).