A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos:
- A1-Ciencias do mar (4 prazas, con 1 para promoción interna). Descargar
- A1-Profesor/a de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de: pesca marítima (2, con 1 P.I.), bioloxía pesqueira (1), navegación marítima (4, con 1 P.I.), máquinas e instalacións mariñas (2, con 1 P.I.), inglés marítimo (1), formación e orientación laboral (1), e procesos sanitarios (1). Descargar
- A2-Mestre de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción (2, con 1 P.I.). Descargar
Todas son coa forma de acceso mediante oposición.
A DXEP enviou aos sindicatos os borradores o luns pasado, día 30 de xuño, con prazo de alegacións ata o luns 7 de xullo. A convocatoria vai ser o xoves 10 de xullo, e a documentación chegounos o martes 8 de xullo. Non fixeron caso a nin unha soa letra das nosas alegacións.