Apróbase, sen as limitacións pretendidas, o Real Decreto 817/2025 polo que se aproba o coeficiente redutor da idade de xubilación do 0,20 con mínimo 15 anos cotizados, de bombeira/o forestal.
Este era un obxectivo dende fai anos a loita da CIG para acadar a categoría Bombeiro Forestal, para acadar así a profesionalización das traballadoras e traballadores que estaban encadrados de forma inadecuada na Seguridade Social, coas implicacións negativas que tiña para o colectivo. Loxicamente acadar a categoría traía consigo recoñecementos clave como un plan formativo específico ou a xubilación, así que loitamos con diferentes Proposicións non de lei así coma nos xulgados, para conquerir a protección da saúde do persoal do SPIF. Tanto no desenvolvemento da aplicación das enfermidades profesionais como na redución da idade de xubilación en base a aplicación específica do RD 383 de 2008 de 14 de Marzo.
E así, dende a CIG, loitamos tanto no Parlamento Europeo como no Parlamento do Estado Español, para xerar unha lei marco de recoñecemento da profesión de Bombeiro Forestal coa que o final acadouse o marco legal cos dereitos recoñecidos especificamente e non quedou baleiro como pretendían. Nesta lei clave, Lei 5/2024 del 8 de Novembro de bombeiros forestais, foi onde se expresa claramente na sua disposición adicional 4a, o réxime de xubilación do persoal bombeiro sinalando o dereito a xubilarse anticipadamente.
Pois ben, accións torticeiras por parte dos lexisladores e "compañeiros de barco", tentaron limitarnos ese dereito, para o que quixeron modificar o decreto clave da idade de xubilación, mudándoo por un decreto recortado e que reducía dereitos, e así limitando a aplicación efectiva da xubilación anticipada.
Na CIG interpuxemos unhas alegacións especialmente contundentes ao anteproxecto do Real Decreto, pero como xa tiñamos iniciado o proceso xudicial para aplicación dende o principio da actividade, o 17 de Xuño de 2025 nos xulgados de Lugo (cun traballo impecable tanto de planificación
dos tempos como as accións precisas do nosos servizos xurídicos), conseguimos acadar a primeira sentenza firme do estado español onde se recoñece a aplicación dos coeficientes redutores a un compañeiro bombeiro forestal, con carácter retroactivo dende o principio da actividade.
O Goberno ven de publicar no BOE o novo Real Decreto 817/2025 do 16 de setembro polo que se modifica o Real Decreto 383/2008, de 14 de marzo, que establece o coeficiente redutor da idade de xubilación en favor dos bombeiros ao servizo das administracións e organismos públicos,que tira por terra a súa intención inicial de rebaixar os dereitos na xubilación anticipada que discriminaba ao persoal bombeiro forestal con respecto ás demais bombeiras/os. Entendemos que as sentenzas xudiciais que se gañaron contribuíron a repensar a modificación que pretendían facer do RD 383 de 2008 de 14 de Marzo.
É un gran avance e estamos de parabéns ao acadarse un dereito clave para o persoal bombeiro forestal!
Dende a CIG pensamos que tamén é momento de lembrar e recoñecer que fomos os primeiros en obter, a categoría Bombeiro Forestal, por sentenza, a un compañeiro en xuño de 2015. Isto foi o inicio dun proceso, que trouxo consigo a profesionalización e o encadre milimétrico dentro da Clasificación Nacional de Ocupoacións e da Clasificación Nacional das Actividades Económicas, esencial para o encadre nos grupos de cotización axeitados. E todo isto o fixemos aínda cando se nos dicía que isto non valía para nada...bendita hemeroteca.