Novas por contido

Mediante a modificación do Real Decreto 383/2008 o Goberno pretende reducir os dereitos de xubilación do persoal bombeiro forestal establecendo límites a aplicación dos coeficientes redutores.

O proxecto de modificación do Real Decreto 283/2008 pretende rebaixar e escalar os dereitos de xubilación anticipada incluídos na Lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros forestais. Nesta lei igualábanse os dereitos de xubilación de bombeiros forestais co do resto de bombeiros cuns coeficientes redutores do 0,20. Porén, neste momento está en proxecto reducir estes dereitos no noso persoal bombeiro forestal, establecendo unha discriminación intolerable en relación co resto de bombeiros,  xa que sinala un límite de 59 anos (con 35 ou máis cotizados) ou 60. Polo que, aínda que podas anticipar máis a idade de xubilación logo de aplicar os coeficientes redutores, non vas poder e vas ter que esperar a cumprir os 60.

Ademais, por se esta fora pouca limitación, vai ser condicionante que non se poda xubilar máis do 10% dos bombeiros forestais e vaise implementar a norma “a prazos” polo que os/as que lle toque no 2025 so poderán reducir 2 anos e no 2026, 4 anos, que se contarán a partir da idade ordinaria de xubilación (hoxe nos 66 anos e 8 meses). Un “sinsentido” que xunto coa elevada idade media do cadro de persoal vai a producir unha acumulación de solicitudes nos anos vindeiros, que como consecuencia atrasarán o dereito a xubilar.  

  IDADE ORDINARIA XUBILACIÓN IDADE CO PROXECTO DE COEFICIENTES
2025 (-10% bombeiro forestal) 66 anos + 8 meses 64 anos + 8 meses (so adiantas 4 meses)
2026 (-10% bombeiro forestal) 66 anos + 9 meses 62 anos + 9 meses (so adiantas 3 anos + 3 meses)

Como cuestión adicional non van poder aplicar coeficientes redutores aqueles compañeiros e compañeiras que están en Incapacidade Permanente sen outra actividade laboral, o que precariza de novo a quen está nunha situación máis desfavorable.

Co que loitamos para conseguir os coeficientes redutores non podemos dar nin un paso atrás!, por iso dende a CIG, vimos de presentar alegacións no trámite de participación pública, aberto ata o 19 de maio aquí.

E, lembramos a importancia de respectar os dereitos de participación do persoal, polo que as organizacións sindicais que temos a consideración de máis representativas deberemos poder negociar estes cambios normativos dentro das mesas de negociación legais do estado español, e ter a oportunidade de por freo a esta clara discriminación consecuencia dos “pactos sociais” ás agachadas.

Coa CIG na rúa, a loita continúa!

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...