Xa non era sen tempo! Por fin van comezar a citar ás persoas traballadoras para as revisións de saúde de 2025!
Despois de poñernos en contacto co Servizo de Prevención propio da Xunta e con Vitaly, esta última comunícanos que van comezar a citar ao persoal para as revisións médicas ordinarias.
Unicamente as avaliacións que se fixeron este ano foran petición propia dun centro de traballo ou das traballadoras despois dunha baixa prolongada. Pero non se atenden as demandas das traballadora/es nun prazo razoable, cando solicitan a avaliación para unha posible adaptación de posto por saúde, someténdoas a un risco innecesario.
As delegadas de prevención da CIG denunciamos que o servizo prevención alleo non estaba a citar ao persoal para as avaliacións de saúde. E pedimos á Xerencia que, sempre que se adapte por saúde un posto, asista unha persoa técnica do servizos de prevención ao centro de traballo para facer a adaptación. Por fin conseguimos que o persoal técnico de Mugatra faga correctamente as adaptacións no centro, comprobando as tarefas.
Contacta coa CIG, e coas túas delegadas/os de prevención se o teu caso de avaliación de saúde é urxente para axilizalo!