No DOG do 01/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias, e se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados no concurso de traslados convocado pola Resolución do 27 de febreiro de 2024.
Abren o prazo de toma de posesión que se establece no punto terceiro da Resolución do 9 de xullo de 2025, que se producirá o día seguinte ao do cesamento. O cesamento deberá efectuarse o día 21 de outubro de 2025.
De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 22 de outubro de 2025.