No DOG do 05/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As escalas e especialidades ás que está aberto este concurso son as seguintes:

Subgrupo ESCALA ESPECIALIDADE
C1 [ESPECIAL (ESC. TÉCNICA DE ANÁLISE DE LABORATORIO)]  
C1 [ESPECIAL (ESC. TÉCN. DE MANTEMENTO DE SERVIZOS)]  
C1 [ESPECIAL (ESC. TÉCN. REC. NAT. E FOREST. ESP. CAPATAZ)]
C1 [ESPECIAL (ESC. TÉCNICA DE CONDUCIÓN)]  
C1 [ESPECIAL (ESC. TÉCNICA DE COCIÑA)]  
C2 [ESPECIAL (ESC. AUXILIAR DE LABORATORIO)]  
C2 [ESPECIAL (ESC. AUXILIAR RECURSOS NAT. E FOREST. ESP. OFICIAL)]
C2 [ESPECIAL (ESCALA DE GARDAS DE RECURSOS NATURAIS)]  
C2 [ESPECIAL (ESCALA AUXILIAR DE CONDUCIÓN)]  
C2 [ESPECIAL (ESC. AUXILIAR DE MANTEMENTO)]  
C2 [ESPECIAL (ESC. AUXILIAR DE COCIÑA)]  
AP [XERAL (ESCALA DE PERSOAL SUBALTERNO)]  
AP [XERAL (ESCALA DE PERSOAL SUBALTERNO)], XET [XERAL (ESCALA DE PERSOAL DE MANTEMENTO)]
AP [XERAL (ESC. PERSOAL LIMPEZA E COCIÑA E REC. NAT. ESP. LIMPEZA E COCIÑA)]
AP [XERAL (ESC. PERSOAL LIMPEZA E COCIÑA E REC. NAT. ESP. REC. NAT. E FORES.)]