A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Xeral de Persoal Empregado Público para o vindeiro venres 7 de novembro na que como único punto da orde do día traen a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Adminstración Xeral e da Admisitración Especial da Comunidade Autónoma de Galiza.
A proposta de cambio referida nas presentes PRT´s fai referencia a aqueles postos con contacto habitual con menores de idade e máis concretamente ao requisito para estes postos dunha certificación negativa do Rexitro Central de delincuentes sexuais (artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño). Son considerados postos de traballo nos que a súa actividade implica un contacto habitual con persoas menores de idade cando se cumpre, cando menos, cunha das seguintes características:
- Que o posto de traballo, pola súa propia natureza ou esencia, dispón dun contacto habitual con menores.
- Que o posto de traballo ten como destinatario principal da súa actividade a persoas menores de idade.