Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan do seguinte:

Concurso de traslados de corpos xerais:

O venres 14 de novembro publicarán no DOG a Resolución coa listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Concurso de traslados de escalas do SPIF (servizo de incendios):

O luns 17 de novembro publicarán en DOG a Resolución pola que se adxudican os postos de traballo ofertados e se dispón o cesamento e toma de posesión das persoas adxudicatarias. O cesamento vai ser o día 13 de xaneiro, e supoñemos que será coincidente coas tomas de posesión das persoas que superaron os procesos selectivos do SPIF.

Unha administración informatizada e automatizada

O concurso de corpos xerais foi convocado en maio do 2024, fai ano e medio, e os postos foron escollidos en marzo de 2025. O que anuncian agora é a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, e non sabemos cando pretenden resolver o concurso.

O concurso do SPIF foi convocado en decembro de 2023, fai case dous anos. A solicitude de prazas foi en xaneiro de 2025. 

Dos demais concursos, non facilitan información.