Vimos de ser convocados para Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público e Mesa Xeral para o vindeiro venres 14 de novembro onde a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal trae:
- Anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galiza e da avaliación do desempeño.
- Proposta de borrador de Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral
- A proposta de borrador de Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais polo que se aproba o procedemento de acceso aos graos I, II e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de baril, do Emprego Público de Galiza, para o persoal funcionario.
Se queres facernos chegar as túas alegación contacta coa CIG