A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha Comisión de Persoal para o xoves 13 de novembro, na que quedarán aprobadas duas modificación de RPT que previamente pasaran por mesa de negociación o día 7.
RPT de postos con contacto habitual con menores
Identifican os postos de toda a Administración nos que existe contacto habitual con menores. A estes postos inclúenlles un código no campo de observacións do anexo da RPT. O persoal que por selección ou por provisión acceda a estes postos, terán que autorizar a consulta ou entrecar certificado de que non teñen delitos de natureza sexual. Descargar proposta
RPT de funcionarización de dous postos do Consello Económico e Social de Galiza
Trátase da funcionarización de dous postos de persoal laboral fixo do Cesgalicia que previamente foran integrados na Administración xeral da Comunidade Autónoma dende a súa condición de persoal laboral fixo do Cesgalicia. Descargar proposta (retiramos os informes da DXEP por conter datos persoais).