O martes 18 quedaron aprobadas en Comisión de Persoal as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos:

  • Acceso libre a corpos xerais (superior-A1, xestión-A2, administrativo-C1 e auxiliar-C2)
  • Acceso libre e promoción interna a psicoloxía-A1
  • Acceso libre e promoción interna a auxiliar de clínica-C2
  • Promoción interna separada a persoal de servizos xerais (PSX)-C2

En grandes liñas isto é o que manifestou a CIG (se queres saber todo o alegado pola CIG, contacta connosco):

  • Queremos acceso mediante concurso-oposición (son todos oposición agás PSX)
  • Nos procesos en que hai exame de temas, substituir estes por probas de corrección obxectiva (test de contido teórico ou práctico). Se non aceptan, que o primeiro exercicio (test) puntue máis que os seguintes.
  • Exame de galego tamén tipo test, cos contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua en léxico, sintáctica e gramática. 
  • Programa: que sexan normas de dereito positivo; se non é posible, que editen manuais ou como mínimo referencias bibliográficas
  • Nos procesos de acceso libre, que o 50% das prazas sexan para promoción interna. E que esta sexa vertical e horizontal dende calquer escala do mesmo e inferior subgrupo.

Ao non aceptaren ningunha destas propostas, a CIG votou en contra de todas as convocatorias.

Escala de estatística-A2

Ao tempo, pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de persoal Funcionario, as bases da convocatoria de acceso libre á escala de estatística-A2. O manifestado por CIG é similar ao dos procesos referidos anteriormente. Esta convocatoria queda pendente da súa aprobación nunha posterior Comisión de Persoal.

Estes son os números das prazas

   Discapacidade   Promoción interna   Total prazas   Anos das OEP 
Aprobadas en Comisión de Persoal
 A1-Superior 8   59  2022, 2023, 2024 
 A1-Psicoloxía  2 4 15  2023
 A2-Xestión 5   40  2022, 2024
 C1-Administrativo  8   74  2022, 2024
 C2-Auxiliar 11   83  2022, 2024
 C2-Aux. Clínica 7 19 75  2022, 2023, 2024 
 C2-PSX 9 (PI) 65 65  2022
En Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario
 A2-Estatística      2  2022

(preme no nome da escala para descargar as bases)

Rolda aberta de intervencións

Concursos de traslados pendentes de convocar: CIG pregunta pola previsión de convocatoria dos concursos que quedan pendentes. Co gallo de que trouxeron a convocatoria de proceso selectivo de estatística-A2, puxemos o exemplo do proceso de estatística-A1. A última resolución publicada do proceso desta escala é de novembro do 2024 (relación de aspirantes que superaron o proceso); é de supoñer que o terán preparado para finalizar o proceso. Pero resulta que o concurso de traslados é de fai tres anos e medio e por tanto, haberá vacantes que non pasaron por concurso, e deberían ofrecelas antes que ao persoal de novo ingreso. Por tanto, solicitamos a convocatoria de todos os concursos pendentes. A DXEP afirma que están a valorar a situación de vacantes desta escala e da de informática, para decidir.

Gas radón: a CIG manifesta que fai meses que retiraron os aparellos de medición postos por algunha universidade. Dende entón non sabemos máis. Queremos os informes cos resultados. A DXEP di que preguntará.