A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) vén de convocar as organizacións sindicais para o luns 24 de novembro para negociar a Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2025 anunciada na prensa hai días.
Como xa é costume, imos a cegas, sen coñecer algo tan fundamental nunha oferta de emprego como son o número e a distribución das prazas a ofertar. A única documentación da que dispoñemos é o borrador do decreto que podes descargar nesta ligazón.
Tras unha análise inicial do borrador, o máis salientable que observamos é o seguinte:
- Seguen a obrigar ás persoas que superen os procesos de promoción interna a manterse no mesmo posto que ocupan, sempre que este figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade á que accedan.
- Forma de acceso:
- Para o anexo II (promoción interna separada) indican que será concurso-oposición
- Para o anexo I (acceso libre, que pode ter promoción interna), non indican a forma de acceso.
- Manteñen a fraude de convocar prazas do grupo B como C1
- Non inclúen nesta OEP a OEP das escalas sanitarias do persoal da lei 17.
- Introducen que a composición dos tribunais de selección será paritaria.
A Administración recunca de novo nas eivas de ofertas de emprego anteriores, polo que intuimos que a vontade negociadora vai ser a mesma de sempre. Salvo sorpresa, o luns confirmarase...