A Inspección de Traballo e Seguridade Social vén de requirir ao AGACAL, após a denuncia da CIG, que corrixa os graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais no CIAM de Mabegondo
A Proposta de requirimento de data 6/11/2025 confirma oficialmente as deficiencias denunciadas pola CIG e obriga á empresa a poñer en marcha medidas que levan anos sendo reclamadas polo persoal. A denuncia presentouse no mes de xuño ante o aumento da sinistrabilidade no CIAM causada pola excesiva de carga de traballo por falta de persoal e un accidente grave.
Dende a CIG estamos a realizar un seguimento estrito do cumprimento de todas as obrigas para garantir a seguridade e saúde de todo a cadro de persoal.
Contido do requirimento:
- Accidentes mal comunicados
Comunicación dos accidentes fóra do prazo legal ou non comunicación.
A Inspección obriga a cumprir estritamente os prazos de comunicación. - Uso de maquinaria non segura
Maquinaria sen marcado CE, nin manual, nin documentación obrigatoria, e sen adaptación ao RD 1215/1997. - Falta de mantemento dos equipos
Comprobouse que non existe mantemento adecuado nin rexistros completos.
A empresa deberá presentar un inventario de equipos, manuais, mantementos e autorizacións de uso. - Falta de avaliacións obrigatorias
A Inspección obriga a realizar:
- Avaliación de riscos psicosociais (por sobrecarga, falta de persoal, estrés, etc.).
- Avaliación de riscos biolóxicos, imprescindible polo contacto diario con animais e materiais de orixe animal. - Planificación preventiva caducada
A planificación vixente é de 2019–2021 e non se cumpriu nin se renovou.
A empresa deberá elaborar unha nova planificación e demostrar o seu cumprimento. - Dereitos dos delegados e delegadas de prevención
A empresa non informou adecuadamente dos accidentes e danos á saúde.
A Inspección lembra que os/as delegados/as teñen dereito a ser informados/as de inmediato.
A CIG valoramos positivamente a resolución e queremos destacar a trascendencia deste requerimento:
- Obriga a facer inversións en renovación que non estaban previstas no cronograma de desmantelamento do CIAM da actual directiva de AGACAL e da Consellería do Medio Rural. Os últimos investimentos en maquinaria para unha renovación parcial foran no período 2006-2008, e a meirande parte de equipos son moito máis antigos.
- Pon o foco na relación directa entre falta de persoal e aumento do risco, tal como na CIG levamos denunciando, moi especialmente, nos últimos dous anos.
- Alerta dos incumprimentos reiterados da Consellería do Medio Rural en materia de información á representación sindical, investigación dos accidentes, medidas correctoras.