Os ceses comunicados polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar o pasado martes 18 (con data de cese o 30 de novembro) non se executarán, dado que o persoal laboral fixo que estaba en adscrición poderá optar a comisións de servizo que lles permitirá participar no proceso de funcionarización (que se publica este mércores 26) sen necesidade de desprazarse dos centros nos que veñen prestando servizo.
O problema deriva de que este persoal leva sen concurso de traslados dende hai case 20 anos, polo que a xente tivo que buscarse a vida para moverse. E agora, cando os concursos de traslados están en marcha ou debería faltar pouco para a súa convocatoria, estes ceses que anunciaron e dos que agora recúan, ían producir un caos nos servizos e na vida persoal das traballadoras e traballadores.
Despois da presión das delegadas da CIG, o Consorcio e Función Pública mantiveron unha reunión e acordaron publicar as comisións de servizo e ir notificando ás persoas cesadas que non se executará o traslado. Tamén foi avisado todo o persoal fixo que non estaba ocupando a súa praza de orixe para darlle a opción de solicitar ditas comisións e así permanecer na praza que están ocupando na actualidade.
Podedes consultar aquí o listado de prazas: https://www.xunta.es/comisions/
A solicitude farase ata o venres 28 a través da Sede Electrónica cun PR004 achegando a solicitude de participación na Comisión de Servizo da praza en cuestión que podes descargar aquí:
https://ficheiros-web.xunta.gal/funcion-publica/comisions-de-servizo/solicitude-concesions-comisions-servizo.doc
En relación aos avisos de anulación dos ceses, dende a CIG solicitamos á xerencia e ao departamento de persoal que o comuniquen con urxencia xa que esta situación supón unha incerteza que non ten transparencia ningunha.
Para calquera dúbida poñédevos en contacto coas delegadas da vosa zona.