A Dirección Xeral de Emprego Público ven de comunicarnos o seguinte:
Comunicámoslle que mañá día 28 de novembro publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fan públicas as puntuacións provisionais do concurso de traslados F04254 - Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de reclamacións remata o día 15 de decembro de 2025.
Este concurso de traslados foi convocado o 15/05/24, fai ano e medio. E a directora xeral de Emprego Público non pon data á súa resolución (a pesares dos moitos ruxe-ruxe que circulan).