A Dirección Xeral de Emprego Público ven de comunicarnos o seguinte:

No Diario Oficial de Galicia do día 2 de decembro de 2025 as resolucións polas que se abre o prazo para elección de postos e acreditación de méritos dos concursos seguintes:

  • F0225 - escalas de arqueoloxía, restauración, bibliotecas, arquivos, museos e delineantes

  • F0425 - escalas de mantemento, RRNN, cociña, condución, laboratorio e AP Admón. xeral

  • F0525 - escalas de facultativos, técnicos facultativos, gobernantes/as e auxiliares de clínica

Os prazos para solicitar postos e acreditar méritos destes tres concursos rematan o día 24 de decembro de 2025.

Por outra banda, o día 4 de decembro publicarase no DOG a resolución definitiva do concurso de traslados F0123 - axentes ambientais e axentes forestais. Este concurso foi convocado en decembro do 2023, fai dous anos.