Todas aquelas persoas que quedaron excluídas de postos con contacto habitual con menores para os que se requiría ter enviado no seu momento un certificado de delitos de natureza sexual e non o fixeron, poderán agora tal e como veñen de publicar na web da Xunta de Galiza,  autorización da consulta no rexistro de delitos sexuais.

Tamén publican o buzón de postos actualizado e unha listaxe de persoas con algunha incidencia na conciliación para que poda ser enmendada.

28/11/2025: F0424 - CONCURSO DE ADMINISTRACIÓN XERAL 2024 
CONCURSO DE ADMINISTRACIÓN XERAL- POSTOS DE CONTACTO CON MENORES, AUTORIZACIÓN CONSULTA DELITOS SEXUAIS E INCIDENCIAS CONCILIACIÓN (pincha aquí para acceder)

No caso de solicitar algún posto con contacto habitual con menores, precisarase incluír en FIDES (apartado OUTROS MÉRITOS/REQUISITOS), a autorización da consulta no rexistro de delitos sexuais (pode descargarse neste anuncio) ou a certificación da ausencia de delitos sexuais solicitada polo propio concursante

Buzón de postos actualizado

Autorización á consulta do rexistro de delitos sexuais por parte de D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal

Incidencias de conciliación