No DOG do 02/12/2025 publican:
- RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de arqueólogos; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.
Durante o prazo indicado no punto primeiro, as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos cales se engaden as potenciais resultas como consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publícase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV de tramitación electrónica.
O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 3 de decembro ao 24 de decembro de 2025.