O pasado 26 de novembro reuniuse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático, no que se trataron diversos asuntos, entre os que destacamos:
Previsións formativas para o ano 2026 (Descarga)
Urxe realizar a formación das titulacións que habiliten para a navegación con embarcacións ao que se comprometeu a presidenta do comité fai máis dun ano, dando cumprimento a unha das esixencias da CIG dende fai moito tempo. Relacionado con este tema preguntamos si se está arespectar a legalidade vixente, se son estas titulacións habilitantes para o manexo de embarcacións da administración, xa que estas titulacións non son profesionais.
O xefe de servizo de Patrimonio Natural da provincia de A Coruña informa de que fixera unhas xestións con capitanía marítima de A Coruña onde lle transmitiron que esas titulacións son válidas para o manexo de embarcacións da administración sempre e cando se realice un trámite administrativo con capitanía marítima, expedindo así unha autorización conforme o funcionario/a con esas titulacións vincúlase a unha embarcación ou embarcacións concretas para a súa navegación.
Roupa de traballo
Transmitimos que é preciso dar botas de traballo sen as puntas reforzadas, é unha demanda constante do persoal traballador. Dende a CIG queremos transmitir a todo o persoal traballador que é moi recomendábel que se coñezan as avaliacións de riscos e cos plans de accións, porque nestes documentos veñen reflectidas a inmensa maiorías das cuestións que atinxen á seguridade. Aínda no suposto hipotético de que solicitemos botas sen as puntas reforzadas e a Consellaría accedera ás nosas demandas, iso non exime ao persoal de empregar as botas con puntas reforzadas cando as avaliacións de riscos e os plans de acción así o requiran; isto é moi importante para evitar posibles conflitos coas mútuas no caso de accidentes laborais.
Gripe aviar
Solicitamos que a Consellaría realice formación de refresco dos protocolos actualizados. A presidenta do comité informa de que xa están traballando no tema.
Centros de recuperación de fauna
Nas últimas reunións do comité a CIG leva transmitido a necesidade de homoxeneizar e regularizar as condicións de traballo existente nestes centros, preocúpanos especialmente a situación do Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio (Ourense). A Consellaría manifesta estar aberta a falar das cuestións que se podan mellorar. Dende a CIG amosamos a nosa disconformidade coa externalización dos servizos veterinarios.