En relación ás eleccións de destinos de SPIF, na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario do luns 15 de decembro, a CIG manifestou o seguinte:
Oferta de postos adxudicados en concurso de traslados
En DOG 17/11/25 publican a resolución do concurso de traslados do spif. En DOG 12/12/25 convocan a elección de destino definitivo ás persoas que superaron varios procesos selectivos do spif. Detectamos que polo menos 10 postos adxudicados en concurso de traslados, son ofertados para destino definitivo. Ten que ser un erro.
A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que efectivamente é un erro, e que publicarán unha corrección en DOG.
Postos insuficientes
Hai categorías/escalas en que o número de persoas que superaron o proceso é superior ao de postos ofertados (ten que ser outro erro). Noutras categorías/escalas, si chegan, pero ofertan un número de postos moi xusto cando existen máis vacantes. Defendemos que oferten todas as prazas que quedaron vacantes no concurso de traslados.
A DXEP resposta que nos distintos procesos de spif, teñen numerosos casos de persoas que superaron varias escalas ou superaron funcionario e laboral ao mesmo tempo. Por tanto, serán bastantes os casos nos que as persoas terán que optar. Tendo iso en conta, asegura que o número de postos que ofertan son suficientes.
Prazas helitransportadas
Preguntamos que teñen pensado facer coas prazas helitransportadas, pois as persoas aspirantes non tiveron que superar unha proba específica para estes postos. A resposta da DXEP é que revisarán o que procede facer
Prazas de estabilización
Para rematar, vemos que nalgunha escala hai menos persoas aspirantes que as de persoas que superaron os procesos de estabilización. Van correr a lista posteriormente á elección de destino? Non temos resposta a isto.