No DOG do 30/01/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

- RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 14 (bombeiro/a forestal) e 14A (bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo http://xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»→«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galiza, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galiza, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).