No DOG do 11/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza; da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galiza; e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos no anexo II.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 18 de febreiro de 2026.