No DOG do 11/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades formativas de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2026.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galiza; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galiza; e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en adiante, PTXAS) das universidades do SUG, que se atopen en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).

Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración convócanse corenta e un cursos de linguaxe administrativa galega e sete de linguaxe xurídica galega.

Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 18 de febreiro de 2026.