Na Comisión de Persoal do 6 de marzo de 2026 tratáronse como puntos centrais da orde do día os seguintes:
MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLARÍA DO MAR
- Cambios: sen modificacións a respecto da mesa sectorial; mateñen dúas modificacións xa propostas e traen unha terceira que é nova:
- PE.C99.40.301.36235.019, profesorado de intervencións subacuáticas e hiperbáricas, Instituto Galego de Formación en Acuicultura, Illa de Arousa: eliminación no código de formación específica 698: “Estar en posesión do título de mergullador/a instrutor/a profesional e ter algunha das especialidades do ciclo de grao medio en operacións subacuáticas e hiperbáricas (R.I.)”.
- PE.C99.40.301.15350.005 e PE.C99.40.301.15350.015, profesorado de navegación marítima, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol: supresión do código de formación específica 434: “Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante (R.I.)”.
- PE.C99.40.301.15350.005 e PE.C99.40.301.15350.015, profesorado de navegación marítima, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol: inclusión do novo código de mérito de formación específica «Título profesional de capitá/n da Mariña Mercante ou de piloto da Mariña Mercante».
- CIG: se ben poderiamos absternos ante a modificación do requisito do posto de profesor/a, especialidade de intervencións subacuáticas e hiperbáricas, non podemos admitir o cambio de requisitos no medio da convocatoria do concurso que só afecte a 2 postos para que poidan entrar 2 persoas, e que non se faga en todos os postos que son idénticos e en todas as escolas. Está claro que a Administración non pretendía ningún tipo de negociación, senón facer cómplices aos sindicatos do cambio de requisitos ad hoc no medio dun proceso de selección de persoal.
- Votacións: voto en contra da CIG, voto a favor de CCOO, CSIF e UGT.
- DXEP: proposta aprobada.
PREGUNTAS DA CIG FÓRA DA ORDE DO DÍA
- Concurso de corpos xerais: Cando se resolve? Cando van ser as datas de elección de destino e toma de posesión dos procesos selectivos seguintes?
- Promoción interna: Denunciamos que de seguir este ritmo as persoas que teñen xa o exame de promoción interna para o 30 de maio non van saber se aprobaron a anterior PI xa que nalgúns casos nin sequera saíu a baremación definitiva.
- ↪DXEP: O baremo definitivo de A2 e C1 está a piques de saír [mentres estábamos na Comisión de Persoal publicaron no web da DXEP o baremo definitivo da promoción interna ao C1 e no caso do A2 xa saíra hai 10 días]. No caso do A1 superárono menos persoas que prazas [algo que xa estaba publicado]. En relación ao concurso de corpos xerais nos reitera que o baremo sae no 1º cuadrimestre de 2026; logo serán os actos de elección do destino dos procesos que están pendentes de destino definitivo (xa sexa porque están en destino provisional ou porque non están resoltos os procesos) e as tomas de posesión seguindo a orde de prelación das convocatorias). As tomas de posesión serán coordinadas e simultáneas.
- Posto de educadora infantil que non ofertan: na CP 26/02/26, anunciouse a incorporación de 3 prazas solicitadas por CIG no concurso de educ. infantil. Unha delas é a de código PSS194040136220012, educ. infantil no Grove. A CIG solicitou a incorporación do posto PSS194040136210012, en Gondomar, vacante por excedencia por incompatibilidade dende 2013. Temos dúbidas de se este código se corresponde co do Grove ou co de Gondomar. Se é o do Grove, cal é a razón de que non se ofertase o posto de Gondomar? ↪DXEP: van revisar este asunto.
- Toma de posesión axentes técnicas ambientais: solicitamos que modifiquen as as RPTs para que poidan tomar posesión as persoas axentes técnicas forestais no B e así poder evitar a avalanchas de posibles demandas? ↪DXEP: rematarase entre finais de abril/principios de maio para tomar posesión antes do verán. Non van mudar ás RPTs e a toma de posesión vana facer no subgrupo C1.
- Comisión técnica de teletraballo: dende o 2023 sen convocala. Coñecemos resolucións unilaterais por parte das consellarías que limitan o teletraballo. Non se dan explicacións nin por parte das consellarías nin na CP. ↪DXEP: están preparando a Comisión Técnica de Seguimento (levan dous anos co conto)
- Consellaría de Educación: ás persoas participantes nos tribunais, tanto persoal docente como non docente, seguen agardando a que se lles aboe. ↪DXEP: non hai ninguén conectado, sen resposta, van preguntar.