No DOG do 27/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a, e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 15 de xullo de 2025.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na epígrafe de concurso de traslados, https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente ata o 14 de abril de 2026. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria (Tramitación electrónica), https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions/