O xefe da Área de Recursos Humanos da Axencia de Turismo de Galiza vén de convocarnos a unha xuntanza informativa previa á negociación na Mesa Xeral sobre unha proposta de modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza. A reunión terá lugar o luns 13/04/26 ás 11 h na sede na Axencia na Barcia, coa seguinte orde do día:


1. Información da proposta de modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiz (memoria económico-financeira e memoria funcional).

2. Intervencións dos/as representantes das OOSS.

3. Rogos e preguntas.

No caso de que teñans algunha pregunta, suxestión ou dúbida, ou queiras achegarnos algún dato, non dubides en poñerte en contacto coa CIG.