Após a xuntanza da Mesa Sectorial do Persoal Funcionario do pasado 27 de marzo, onde se tratou a convocatoria do proceso selectivo de estradas e mobilidade, agora a directora de Emprego Público convócanos á reunión da Comisión de Persoal (CP), fixada para o 9 de abril, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade.*

*[Cambios!: a nova versión do texto trae dous cambios importantes:

  • engaden a fase de concurso
  • inclúen ao persoal laboral fixo do grupo IV-31 (persoal legoeiro) na promoción interna]

3. Proposta de sanción de suspensión provisional de persoal funcionario de carreira da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no marco do procedemento disciplinario que se segue contra dito/a funcionario/a.

4. Rolda aberta de intervencións.