Asistimos á Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, na que quedou aprobada a convocatoria do proceso selectivo de vixilancia de estradas e mobilidade (C1).

PROCESO SELECTIVO VIXILANCIA DE ESTRADAS E MOBILIDADE

A proposta inicial da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) consistía nun proceso coa forma de oposición na que non respectaban os acordos que a CIG e outros sindicatos asinamos fai anos coa AXI, no sentido de que non permitían participar ao persoal laboral fixo da categoría VI-31 (legoeiro) na quenda de promoción interna, e que non incluían as prazas non cubertas da convocatoria do ano 2022.

Finalmente a DXEP aceptou a forma de concurso-oposición (20/80), e a participación na promoción interna do persoal laboral fixo legoeiro. Porén, non aceptan incluir as prazas non cubertas porque, segundo din, non está previsto no Decreto de oferta, pero comprométense a revisalo na seguinte OEP na que incluirían as 21 prazas que faltarían do acordo.

Aclara tamén que os exercicios para as dúas especialidades serán no mesmo día pero en horas diferentes para que poidan participar nas dúas.

Con estes cambios, a CIG decidiu absterse na votación. CCOO, CSIF, UGT votan a favor.