Este venres, 17 de abril, publícase a resolución do concurso ordinario de traslados dos corpos sen escalas de Administración xeral (corpos xerais). Previamente, ao longo da mañá do martes 14, será publicada a información no web de Función Pública. Na resolución non aparecerá a data de cesamento e toma de posesión, que será publicado posteriormente de xeito coordinado coa data de toma de posesión do persoal dos procesos selectivos.

Canto ás eleccións de destino pendentes, tamén para corpos xerais, a información foi que do día 20 ao 24 publicarían a resolución da convocatoria de acto de elección de destino coas vacantes derivadas do concurso de traslados. Nesa resolución irían A1, A2, C1, C2 e AP, seguindo por orde de convocatoria: funcionarización, convocatoria 2018, 2019, promoción específica, promoción interna 2020, convocatoria 2022, estabilización por concurso e estabilización por concurso-oposición.

A primeiros de maio publicarían as datas de tomas de posesión de todos e todas.

Esa foi a información que trasladou a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario que tivo lugar o martes 14 de abril.

Por lembrar, este concurso foi convocado en maio de 2024, hai dous anos, e tardaron todo un ano, ata marzo de 2025, en publicaren a elección de postos e a xustificación de méritos. Van xa dous anos. Veremos canto tardan agora ata os cesamentos e tomas de posesión.