No DOG do 17/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024.
Exclúen os postos sinalados no anexo I desta resolución da relación de postos vacantes da Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 94, do 15 de maio), por sentenzas e medidas cautelares ditadas por ordes xudiciais ou por falta de dotación orzamentaria.
Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo que se relacionan no anexo II ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta. gal, na epígrafe <concurso de traslados>.
Difiren os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galiza a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.
De acordo co disposto na base X da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que, con anterioridade á finalización do prazo posesorio, se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderá optar entre os dous postos adxudicados.
Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.