No DOG do 18/05/2026 publican a RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura temporal dos postos dos corpos e escalas adscritos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

A cobertura destes postos será realizada a través das listas que correspondan reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, a partir do 21 de maio de 2026.

A cobertura temporal dos postos adscritos ao corpo auxiliar da Administración xeral, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala de xerocultor ou xerocultora, a través das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, realizarase a través das listas propias do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar mentres non finalice o procedemento de elaboración das listas correspondentes ás ditas escalas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo.