No DOG do 20/05/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes nesta consellaría (Facenda e Administración Pública).
É obxecto da presente convocatoria a provisión dos postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda e Administración Pública que se relacionan no anexo I, mediante o procedemento de concurso específico.
As persoas interesadas en participar no concurso específico deberán presentar a súa solicitude do seguinte xeito:
a) Para persoas aspirantes da Administración da Xunta de Galiza, accedendo ao Portal do empregado público no enderezo electrónico https://portax.xunta.es
b) Para persoas aspirantes doutras administracións públicas, a través da sede electrónica da Xunta de Galiza.
As solicitudes presentaranse no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026 pola que se convoca o concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia.
É obxecto da presente convocatoria a provisión dos postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) que se relacionan no anexo I, mediante o procedemento de concurso específico.
As persoas interesadas en participar no concurso específico deberán presentar a súa solicitude accedendo ao Portal do empregado público no enderezo electrónico https://portax.xunta.es
As solicitudes presentaranse no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza.
O concurso específico consiste na valoración dos méritos e das capacidades, os coñecementos ou as aptitudes determinados na convocatoria e relacionados cos postos de traballo que se vaian prover.
O concurso constará de dúas fases, na primeira valóranse os méritos, xerais ou específicos, e na segunda, as capacidades, as aptitudes ou os coñecementos que deberán gardar relación directa co perfil do posto que se vai prover, garantindo o respecto do principio de obxectividade.