O mércores 27 as compañeiras e compañeiros da promoción interna do 2023 imos concentrarnos para esixir á directora xeral de Emprego Público é ao conselleiro de Facenda, o dereito que temos a que se nos dea destino definitivo simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos xerais que van poder facelo en breve.

Esta situación é unha mostra máis da falta de criterio e da indolencia desa dirección xeral. E ao mesmo tempo do escurantismo co que están a manexar esta situación. Nin dan destinos nin queren explicar por que. Eles teñen os datos, que se lles demandaron en infinidade de ocasións e non os quixeron aportar. Datos tan simples como cal é o total de postos de cada corpo que quedaron sen cubrir na fase de resultas do concurso de traslados, ou cantas persoas van ter que elixir destino da promoción interna de 2023, se ocultan.

Deixan sen destino definitivo a unha promoción das 8 pendentes é un claro caso de discriminación que non se pode consentir.

Acude á concentración o mércores 27 ás 11:00 diante da Consellería de Facenda en San Caetano.

Destinos definitivos XA para a promoción interna do 2023!!

PROMOCIÓNS INTERNAS... E NON ETERNAS!!

+ axilidade - dilacións